260 anos de tradición avalan o San Ramón de Bealo

    BOIRO> A parroquia boirense de San Ramón de Bealo celebrou o seu gran día. A tradicional romaría, a máis antiga que se celebra en Galicia de forma ininterrompida, cumpre hoxe 260 anos. Era o sentir que se respiraba esta mañá na Romaría de San Ramón de Bealo. A tradicional festa, que conxuga tradición, fe e diversión, cumpre hoxe 260 anos. Desde as oito da mañá celebráronse as misas a cada hora, ata que á unha do mediodía celebrouse a misa solemne na honra a San Ramón no Campo da Carballeira, e despois, a procesión ata a capela Pero non só de fe, vive esta romería, nin os seus romeiros. A velada continúa esta noite coa verbena, a cargo das orquestras Caramelo e Gran Parada.