Sanidade presenta o proxecto de ampliación da área de urxencias no hospital do Barbanza

BARBANZA> O Conselleiro, Jesús Vázquez Almuíña, deu a coñecer algunhas das particularidades da actuación, que se licitará próximamente, e que conta cun orzamento dun millón seiscentos mil euros. A ampliación das Urxencias do Hospital do Barbanza suporá un corenta por cento de incremento da actual superficie. O servizo pàsará a contar con algo máis de mil metros cadrados; aínda que a principal mellora será a redistribución das áreas de atención con unidades diferenciadas para observación, críticos e pediatría. As obras realizaranse en cinco fases que se concretarán coa empresa unha vez se licite o proxecto co fin de compatibilizar o desenvolvemento dos traballos coa atención ós pacientes. Esta ampliación, altamente demandada polos profesionais santiarios, pretende axilizar o fuincionamento deste servizo que atende unha media de vinte e oito mil urxencias ó ano.