1.300 persoas participaron nos Cruceiros Costeiros

    VILANOVA>  1.300 pasaxeiros participaron no proxecto Cruceiros Costeiros da Xunta de Galicia durante as primeiras semanas de actividade. Segundo o presidente de Portos, a iniciativa foi todo un éxito e trasladou a confianza do sector náutico en consolidar este produto.

     

    Hai catro meses que saía do porto o primeiro dos Cruceiros Costeiros. A día de hoxe, xa son 1.300 pasaxeiros os que gozaron desta iniciativa impulsada por Portos de Galicia para as rías de Vigo, Pontevedra e Arousa.

    Este éxito estivo acompañado dunha forte campaña de promoción: medios de comunicación, redes sociais e contacto directo co sector do turismo náutico, coa difusión nunha decena de empresas de viaxes maioristas e 300 axencias minoristas.

    Os cruceiros continuarán durante os meses de setembro e outubro.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/02/jj_balance_cruceiros_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/02/jj_balance_cruceiros.mp4{/flowplayer}