Investigan se Diana Quer subiu nun coche antes da desaparición

    POBRA> Diana Quer podería ter subido nun coche antes da súa desaparición. Así o reflectiría a actividade do seu teléfono móbil, antes de que quedara sen batería arredor das catro da madrugada. O segredo de sumario continúa vixente na investigación da desaparición da madrileña Diana Quer. Non obstante, cada día fíltranse aos medios diversas informacións, que segundo a familia, algunhas non fan máis que entorpecer a investigación. Hoxe saía á luz que, segundo a actividade do móbil da moza, ésta tería subido a un vehículo antes de quedar sen batería, o que aconteceu ás catro da mañá. Entre a información que se quere conseguir con estes testemuños, está a de confirmar se Diana pasou pola casa a mudarse de roupa, e se alguén a viu cunha vestimenta diferente á que tiña cando a súa nai a deixou na Pobra ás dez e media da noite. Algo que reforzaría a hipótese da marcha voluntaria. Non obstante, o que leva a desbotar esa idea, sería que Diana deixou na casa a súa documentación. O propio pai recoñeceu nunha entrevista en televisión, que a súa filla tiña amizades que podería estar bordeando a lei. Hoxe a casa de veraneo da familia na Pobra, a onde debería ter regresado Diana esa noite, amosaba unha imaxe inédita nas últimas semanas. Sen presenza algunha de medios de comunicación, e sen movemento arredor da vivenda. A nai está en Madrid desde onte. O avogado de Diana López Pinel afirmou hoxe que a nai solicitará entre hoxe e mañá declarar voluntariamente no xulgado número 2 de Ribeira coa intención de que se revoque a retirada da tutela da súa filla menor.