As vítimas por coronavirus no hospital da Barbanza elévanse a catro

BARBANZA> Esta mañá falecía no hospital da Barbanza un home de 81 anos por coronavirus. Tiña patoloxías previas. Esta morte, sumada á rexistrada tamén na madrugada de onte domingo neste mesmo centro hospitalario, sitúa o número de vítimas por esta doenza neste hospital en catro.

O último dato facilitado pola consellería de Sanidade sitúa o número de positivos por coronavirus na área Santiago-Barbanza nas 129 persoas. A cifra supón un día máis un descenso no número de casos. Dende o pasado sábado o número de ingresos baixou en doce pacientes. Dese total, a maioría dos hopitalizados localízanse no Hospital Clínico de Santiago e na residencia integrada Porta do Camiño, 99, e 5 na Rosaleda. 16 pacientes seguen en unidades de coidados críticos. En canto ó número de ingresos  actual no Hospital da Barbanza a cifra ascende a  un total de oito, despois do falecemento na madruga de onte dunha muller de 86 anos e hoxe dun varón de 81. En ambos casos con patoloxías previas.

O numero de test ou PCR realizada nesta área sanitaria supera xa 13.721 e o número de altas sitúase xa nas 272 persoas. Precisamente esta fin de semana producíase no Hospital Clínico de Santiago unha alta especial. Trátase de Mari Carmen, de 68 anos, foi un dos primeiros ingresos neste centro hospitalario por coronavirus. Despois de corenta días ingresada na Planta 3, no Control B, o persoal sanitario que a estivo tratando celebraba a súa alta domiciliaria, despedíndoa agarimosamente con aplausos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí