O PSOE de A Pobra acusa a Maceiras de persecución política

persecucionpolitica_100_050309.jpgPOBRA> O proxecto de saneamento da parroquia de Santa Cruz deixa fóra vivendas onde residen militantes socialistas.

Os traballos de saneamento do lugar pobrés de Pedriñas, na parroquia de Santa Cruz, veñen de iniciarse hai dúas semanas. A actuación está dotada dun investimento que rolda os cento trinta e un mil euros procedentes do Fondo Estatal de Inversión Local.

{flowplayer}barbanza/persecucionpolitica.flv{/flowplayer}

O partido socialista da Pobra denuncia que dúas vivendas no lugar de Sende, nas que residen militantes socialistas, quedarán fóra desta actuación, a pesar de que estas casas estaban incluídas cando se redactou o proxecto.

Discriminación reiterada

Non é a primeira vez que estas vivendas quedan excluidas de actuación para a dotación de servizos e melloras nas infraestructuras levadas a cabo polo goberno que preside o popular Isaac Maceiras.

Para os socialistas resulta indignante que o concello da Pobra non empregase unha achega da Consellería de Medio Rural para amañar o vial de acceso a estas casas, a pesar de que estes veciños levan solicitado en reiteradas ocasións o arranxo deste camiño que se atopa nun estado lamentable.

A pesar disto, dende a agrupación socialista de A Pobra aseguran que seguirán a traballar en prol dos cidadáns do municipio e agradecen o apoio que veñen de recibir por parte dos pobreses nas eleccións autonómicas.

Redacción Barbanza