Ribeira presenta un orzamento para este 2022 de 28’7 millóns de euros

RIBEIRA> Segundo informaron fontes municipais tres son as razóns fundamentais para presentar agora, a apenas dous meses para o remate do ano, o orzamento deste ano 2022.

A primeira delas sería para adaptar as contas á realidade dos gastos do actual exercicio, no que foi necesario atender a unha serie de compromisos contractuais no contemplados como é o caso o aumento do custe do combustible e a luz.

A outra razón é dar contido ós acordos alcanzados cos sindicatos en materias como o convenio colectivo e a RPT, ou a consignación da subida con efectos retroactivos do 1,5% no salario dos traballadores.

Por ultimo tamén se busca dar cumprimento a diversos acordos plenarios que foron aprobados sen respaldo económico, como é o caso da construción dun monumento na memoria dos represaliados da Guerra Civil ou a redacción do estudo técnico que permitiría avaliar a viabilidade da mellora da estrada de Frións como alternativa á variante.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí