Rianxo inicia este venres unha semana de festas na honra da Guadalupe

    RIANXO> Rianxo prepárase para vivir a súa semana grande das festas coa celebración da Guadalupe. Os festexos darán comezo este venres co ‘chupitaso’ e o sábado coa lectura do pregón a cargo este ano de José Romero e Maruxa Miguéns, fundadores do grupo ‘Os Rosales’. Do venres 9 ó venres 16. As festas da Guadalupe arrancarán con forza coa concentración na praza Castelao das Juadalupeñas e o chupitaso que dá o pistoletazo de saída ós festexos. Oito días de troula e diversión con múltiples actividades para todo tipo de públicos, dende pequenos a maiores. Aínda así, tres son os principais atractivos destas festas. A procesión marítima do domingo, o feirón mariñeiro do xoves e a cantata da Rianxeira o último día, na praza Castelao, á luz de miles de bengalas. Outro dos pratos fortes do programa será o festival RocK in Rian que nesta quinta edición dá un salto de calidade, aumentando considerablemente o seu presuposto ata os 20 mil euros, e que presentará este ano importantes novidades. Como vén sendo habitual, o Concello porá en marcha un dispositivo especial de seguridade para evitar que se produzan incidentes. Ademais para acoller ós miles de visitantes que se achegarán estes días á vila habilitaranse varios aparcamentos alternativos creándose unhas cinco mil prazas de estacionamento.