Investigación aberta polo incendio no Hospital Provincial

PONTEVEDRA> Aberta unha investigación para esclarecer os feitos que provocaron o indencio na pasada noite na planta de psiquiatría do Hospital Provincial de Pontevedra. As primeiras hipóteses apuntan a que foi un fogo intencionado. Dende o Hospital mandan unha mensaxe de tranquilidade e agardan poder poñer en funcionamento a unidade o antes posible. 

 

Ás oito e media da pasada tarde saltaba no Hospital Provincial a alarma de incendios, nese preciso instante e coa máxima rapidez posible os pacientes desta unidade de psiquiatría onde foi declarado o incendio foron evacuados e os bombeiros chegaron ao pouco tempo. 

A policía nacional e local manteñen aberta unha investigación para esclarecer os feitos, investigación á que tamén se uníu nesta xornada a policía científica aínda que todo parece indicar que foi un incendio intencionado, supostamente por algún dos pacientes da unidade, ainda que o chisqueiro que o provocou todavía non foi localizado. 

As zonas máis afectadas son as de tres consultas externas da setima planta. Dende o hospital quixeon esta mañá lanzar unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía e dixeron que están traballando para solventar os problemas e poñer en funcionamento o antes posible a unidade de psiquiatría. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/12/incendio_hospital_provincial.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/12/incendio_hospital_provincial.mp4{/flowplayer}