O Banco de Alimentos pide máis solidariedade para facer fronte ao verán

PONTEVEDRA> O aumento, nos últimos meses, de inmigrantes na cidade e o agravamento da pobreza nos pontevedreses de máis de 50 anos, levaron ao Banco de Alimentos a facer uso xa das reservas que tiñan para os meses de verán. Un feito que pon ao límite aos ONGs.

O Banco de Alimentos está baixo mínimos. As causas poderían ser a o aumento da pobreza nas persoas maiores de 50 anos, así como o incremento da poboación de orixe sudamericano.

As recentes axudas do Fondo de Garantía Agraria déronlle un pequeno respiro ao Banco de Alimentos. Sen embargo, as ONGs seguen necesitando máis axudas de cara ao verán.

Para intentar conseguir máis recursos, a vindeira semana o Banco de Alimentos fará unha recollida en Pontevedra e en Marín.

O ano pasado o Banco de Alimentos conseguiu recadar máis de 320 mil quilos de alimentos non perecedoiros. Pero de novo, a entidade volve a chamar á solidarizade dos pontevedreses para facer fronte a época estival.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí