Ultiman os detalles para o partido da Sub-21 en Pasarón

PONTEVEDRA> O seleccionador da selección española de fútbol sub21 estivo hoxe no terreo de xogo de Pasarón para comprobar que todo está ben de cara ao partido que o seu equipo disputará contra Estonia o vindeiro 10 de outubro co fin de conseguir a clasificación do Europeo 2017. Un partido que se xogará as sete menos cuarto e que tal e como adiantou esta mañá Louzán os prezos das entradas serán populares.

 

O 10 de outubro ás sete menos cuarto da tarde desputarase en Pasarón o partido clasificatorio para o Europeo 2017 entre a Selección española de fúlbol sb21 e Estonia. Esta mañá Rafael Louzán e Albert Celades estiveron comprobando o terreo de xogo para asegurar que todo está a punto para esta cita. 

O adestrador da selección española de fútbol convidou a todo o mundo a que non se perda esta cita co deporte en Pontevedra. 

Unha xornada, a desta mañá, na que tamén informaron de que a selección española de fúltbol sub 21 hospedarase en Sanxenxo no Hotel Carlos I e que terán unha sesión de adestramento no campo do Portonovo. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/12/partido_seleccion_sub21_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/12/partido_seleccion_sub21.mp4{/flowplayer}