Cen anos cheos de vida

LOUSAME> Lousame conta cunha veciña centanaria máis. Trátase de Consuelo Teijeiro Suárez, veciña de Merelle, na parroquia de Tállara. E coma cen anos non se cumpren asi como quen di tódolos días, o executivo local decidiu facerlle unha homenaxe. A edil de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, entregoulle unha placa conmemorativa e un ramo de flores, aproveitando a festa que lle celebrou a familia na súa casa co gallo do seu aniversario. E como non hai cumpreanos sen tarta, Consuelo, que goza de moi boa saúde, mesmo se animou a soprar as candeas. Xunta a ela os seus cinco fillos. Un deles, o maior, ten xa 83 anos.  Dende Canal Rías Baixas dámosche os parabéns, e desexámosche que cumpras moitos máis…

Comments are closed.