Presentada a terceira edición do Duatlón Ribeira

    RIBEIRA> A cita será o próximo domingo cinco de marzo e servirá ademais de homenaxe a Jesús Huerta e Vicente Fernández, dúas persoas xa falecidas moi vinculadas ó mundo do deporte na comarca. Baixo a organización do Club Natación Ribeira e coa colaboración da Federación Galega de Triatlón e o propio Concello, o próximo domingo 5 de marzo desenvolverase a terceira edición do Duatlón Ribeira. A competición, presentada esta mañá, prevé unha participación duns 200 atletas, que chegarán de diferentes clubs de localidades galegas. A saída, transición e meta estarán situados na praia de Coroso e a proba dividirase en distancias de 5 quilómetros a pé, 20 quilómetros en bicicleta e 2,5 quilómetros de novo a pé para finalizar. Dende o club organizador e tamén dend eo Concello destacaron a importancia desta cita, que terá ademais un marcado carácter emotivo, xa que servirá de homenaxe a dous deportistas da comarca xa falecidos, como son JesúsHuerta e Vicente Fernández. O prazo de inscrición xa está aberto, podéndose realizar ata o próximo 28 de febreiro a través da web da Federación Galega de Tríatlon: www.fegatri.org.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí