Unha nova pasarela peonil unirá o entorno de O Terrón, O Esteiro e a zona do multiusos de Vilanova

    VILANOVA> O xefe territorial de Infraestruturas e Vivenda en Pontevedra, José Luis Díez, visitou Vilanova, para supervisar os traballos da senda-bici do Terrón, invitado polo alcalde da vila, quen trasladou ao representante de infraestruturas, a solicitude, para que as obras desta senda, poidan contemplar tamén a realización dun enlace coa zona deportiva de O Terrón.

     

    Unha nova pasarela peonil unirá o entorno de O Terrón, O Esteiro e a zona do multiusos de Vilanova. Costas do Estado aceptou a proposta do Concello para a realización deste proxecto.

    Os técnicos municipais están xa traballando na redacción do proxecto. 

    O obxectivo final é que Vilanova conte cun paseo que permita camiñar de A Illa de Arousa ata a zona deportiva do municipio. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/13/obras_vilanova_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/13/obras_vilanova.mp4{/flowplayer}