Rianxo chega ó ecuador das súas festas grandes na honra da Guadalupe

    RIANXO> Rock galego, moita verbena, o paseo polo mar da Virxe Moreniña, e mesmo a promoción da diversidade lingüística…foron só parte das claves que converteron a Rianxo, durante esta fin de semana, no centro festivo e cultural do Barbanza. Cando levamos xa catro xornadas das Festas de Guadalupe de Rianxo, foron moitos os momentos a destacar por veciños e foráneos durante a fin de semana.O venres o chupitaso daba o pistolezao de saída a unhas Festas de Guadalupe que este ano comparten protagonismo en Rianxo co Festival Tosta, unha ruta atlántica da diversidade cultural que este sábado á noite achegou a música de Euskadi á vila de Castelao. Pero para os que prefiren o rock, e esa mesma hora do sábado noite, o Parque da Galiza, acollía o festival Rock In Rían. Dakídarrías, Cuchufellos ou Nao fixeron vibrar aos centos de persoas que se concentraron para desfrutar do mellor rock do país. Pero pronto houbo que ir descansar, xa que á mañá seguinte, chegaba o gran día da Procesión Marítima. Máis de 60 embarcacións acompañaron á Virxe Moreniña na súa travesía polo mar. UN dos momentos más agardados do ano para tódolos rianxeiros.