VALGA> A vixésimo novena festa da Anguía e mostra da caña do país de Valga adiántase a esta fin de semana coa celebración da sexta ruta concurso tapa a anguía. O festexos máis importantes terán lugar a vindeira semana do 29 ao 31 de agosto. O pregón correrá a cargo de Silvia Pérez, estudante de Valga cun dos mellores expedientes académicos de Galicia.
O concello de Valga xa ten todo listo para celebrar a vixésimo novena festa da Anguía e mostra da caña do país. O evento que terá lugar do 29 ao 31 de agosto adianta este ano a celebración da ruta concurso tapa a anguía para que a xente viva a festa dende esta fin de semana.
Nesta edición participarán 10 locais con 175 mil quilos de anguía. Entre os participantes no concurso sortearanse 10 vales de 30 euros en comercios da localidade. A festa continuará o xoves 28 e venres 29 co concurso da caña do país. Repartiranse 700 euros en premios entre as mellores augardentes branca, de herbas e tostada. O venres ademais comezarán os festexo coa festa infantil e actuación do dúo Caché. O sábado 31 é o día grande onde se realizarán diferentes actos, entre eles, a degustación de tapas e cócteles.
O acto máis destacado é o pregón. Este ano a pregoeira será Silvia Pérez, estudante de Valga cun dos mellores expedientes académicos de Galicia.
A festa pecharase cunha queimada popular, o espectáculo do bruxo Queimán, un espectáculo de fogos e as actuacións das orquestras Essencia e Panorama.