O BNG cree que o goberno local desatende a praia do Areal

    bngpobraareal.jpg A POBRA> Durante os meses de verán esta praia urbana adoita estar moi frecuentada tanto por veciños da vila como por veraneantes.

    Malia non ter unha bandeira azul, son moitos os que na época estival se achegan ata a praia do Areal, única praia urbana ca que conta o concello da Pobra, para tomar o sol ou bañarse. A proximidade ó centro da vila adoita ser un dos motivos do incremento de usuarios. Non obstante, o BNG pobrés considera que o grupo de goberno local non coida como debería ó Areal.
     
    {flowplayer}barbanza/bngpobraareal.flv{/flowplayer}

     

    Accesos deficientes 

    Lles consta que a limpeza non é diaria, como si acontece noutras praias da localidade. Ademáis, os accesos son deficientes, con demasiada pendiente que non permiter baixar con seguridade. Tamén lles preocupa ós frentistas que existen varios rexistros de sumidoiros que con frecuencia desaugan na praia. Segundo afirman desta formación política, o Areal ten unha enorme potencialidade que o goberno local se empeña en non favorecer dotándoa de servizos máis adecuado, equiparables o resto de praias do municipio.

     
    Redacción Barbanza