RIBEIRA> O alcalde de Ribeira convocou unha xunta de voceiros para abordar as consecuencias da xestión da EDAR de Couso por parte da Xunta. Non parece doado que os grupos da oposición cambien a súa postura para que o sistema de depuración pase a depender do concello.
Os integrantes de Suma Ribeira compareceron en rolda de prensa para explicar os motivos do seu voto en contra á recepción da EDAR por parte do concello. Á falta de coñecer a auditoría encargada polo concello, entenden que o informe da Xunta advirte de eivas moi importantes que non garanten o correcto funcionamento do sistema de depuración.
Inciden especialmente no trasvase de augas industriais á rede urbana ou na entrada de auga do mar en varios puntos da rede. Critican ademais a actitude do alcalde que compareceu publicamente para explicar as consecuencias da cesión da EDAR á Xunta antes de ter falado cos resto dos grupos.
Haberá que agardar ás posturas amosadas por cada grupo nesa xunta aínda que semella difícil que cambien de opinión. Mentres o PSOE xa manifestou a súa intención de manter o non, dende Suma Ribeira están dispostos a analizar nova información, no caso de presentarse, para decidir o sentido do seu voto sen ceder ante ningún tipo de coacción.
A día de hoxe, aposta por manter a coherencia con respecto ó seu voto inicial en contra do acordo.
En Sumaribeira no sabían que el saneamiento traería un coste.
¿Pero esta gente viene de Marte? Que me expliquen en qué concello no se paga la depuración.
Menudo nivel, parece un grupo preescolar.