![]()
PONTEVEDRA>A deputación celebrou o seu pleno ordinario nesta xornada. Nun día no que se aprobou unha moción do PSOE para solicitar á Xunta un plan estratéxico global para os concellos da provincia de Pontevedra e onde se falou moito do plan Concellos. Dende as filas populares critican o reparto que realiza o bipartito e dende o Goberno insisten en que nunca unha institución como a deputación de Pontevedra fora tan transparente.
O pleno da deputación viu cargado de desencontros entre o PP e o Goberno en primeiro termo na moción socialista na que solicita á Xunta de Galicia a elaboración dun plan estratéxico global para os concellos da provincia….
Dende as filas populares dixeron que están dacordo con case todo o escrito da moción pero piden que se apliquen o texto as súas políticas, xa que din, dende o PP, que o goberno da deputación non expón os criterios que seguen para o reparto do seu diñeiro.
Sobre este asunto, que foi aprobado polo Bipatito o bloque deixou claro que a deputación actúa sempre con equidade e cunha transparencia que non se vira ata a actualidade na deputación.
En relación a outro dos puntos máis destacados do día, a moción do PP na que solicitan a ampliación do Plan Concellos 2016 en 20 millóns de euros.
En relación a este asunto dende as filas nacionalistas insistiron en que os orzamentos e investimentos da Deputacion son públicos e están ao alcance de todo o mundo.
Unha moción que foi denegada nunha xornada na que tomou posesión do seu cargo o novo deputado do Partido Popular Ramiro Varela que sustitúe a Xosé Crespo.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/16/pleno_deputacion_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/16/pleno_deputacion.mp4{/flowplayer}











