Pontevedra> O PSOE presentará no pleno da Deputación e en todos os concellos da provincia unha moción sobre a vaga de lumes sufrida en Pontevedra. Dende as filas socialistas cren que non se poden cometer erros en políticas de extinción e demandan, con urxencia, unha nova lei de montes. O PSOE provincial levará ao pleno da Deputación e a todos os concellos da provincia unha moción solicitando 6 medidas de mellora trala vaga de lumes que deixou, máis de 10 mil hectáreas calcinadas en Pontevedra. Dende as filas socialistas cren que ademais, se debe crear un protocolo de actuación ante os lumes forestais que garanta maior coordinación e atención temperá nos lumes. O secretario provincial do partido tamén solicitou a creación dunha nova lei de montes. Dende o PSOE consideran que dende a Xunta de Galicia non se poden cometer erros en política de extinción de incendios. O PSOE considera que o 112 e con el a Xunta de Galicia executou unha política errática dende a madrigada do domingo ata o luns, que a choiva fixo calmar os lumes. Os socialistas quixeron amosar o seu apoios aos veciños que axudaron nestes días e denunciar a política da Xunta e do Estado español en materia medio ambiental.
Inicio PONTEVEDRA