“Galaicos, un pobo entre dous mundos” chegará a finais de mes ao Museo Arqueolóxico Nacional

107

Pontevedra> E no capítulo de Cultura esta mañá, a Presidenta da Deputación visitou a exposición “Galaicos, un pobo entre dous mundos”. Unha mostra composta por 66 pezas que chegará a finas deste mes ao Museo Arqueolóxico Nacional, viaxará ata Valencia na primavera do 2019, e regresará a Pontevedra, ao Museo Provincial.

Dende a Deputación quixo resaltar hoxe na presentación no Museo Provincial da exposición “Galaicos, un pobo entre dous mundos”, o gran valor arqueolóxico da mostra, que percorrerá diferentes puntos da xeografía española e porá á provincia no “mapa internacional” do turismo arqueolóxico.

Durante a exposición púxose en marcha a conta atrás ata a inauguración da mesma, que terá lugar no prestixioso Museo Arqueolóxico Nacional, situado en Madrid, o próximo 31 de outubro. De alí viaxará ata Valencia, o Mediterráneo, na primavera de 2019, para regresar novamente ao Atlántico, ao Museo Provincial de Pontevedra.

Dende o departamento de aqueoloxía destacaron que se trata dunha mostra de 66 pezas, importantes para a historia mundial.

O Ministro de Cultura do Goberno de España, José Guirao, presidirá o acto de inaiguración da exposición en Madrid que terá lugar a finais deste mes de outubro.