PONTEVEDRA> Alumnos de Deseño e Moda da Universidade de Vigo amosarán os seus traballos nunha pasarela que se celebrará o 22 de novembro no Pazo da Cultura. Ademais do desfile, Debut 2018 acollerá obradoiros e conferencias cos que se pretende que o alumnado alumnos da Esdemga teñan o seu primeiro contacto co mundo profesional.
Os alumnos do recentemente estreado Mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda da Universidade de Vigo presentarán nun desfile máis de 50 coleccións. Entre elas estarán as das 15 primeiras alumnas tituladas, que amosarán os seus proxectos de fin de estudos. Agárdase que ó desfile acudan unhas 1.800 persoas.
Na súa duodécima edición, Debut pretende ser algo máis que unha pasarela. O obxectivo fundamental é facilitar ós alumnos unha primeira experiencia que os conecte co mundo profesional.
Por iso haberá unha xornada especialmente dedicada ós recursos humanos no sector, que se celebrará o 23 de novembro e no que os recentemente titulados poderán acceder a entrevistas de traballo e os alumnos dos primeiros cursos serán formados sobre cómo afrontar unha candidatura laboral.
Con este espírito de conectar universidade e empresa naceu Debut no seu momento.
En Debut participará todo o colectivo da facultade de Belas Artes e da Esdemga.
Tamén haberá obradoiros e charlas, que comezarán o luns 19 de novembro.