O BNG de Muros-Noia propón catro emendas ós orzamentos do Estado

BARBANZA> As emendas presentadas polo BNG ós orzamentos xerais do estado inclúen varios investimentos para a comarca de Muros Noia. Entre eles, a ampliación das instalacións para mariscadores en Testal.

Son catro as emendas incluídas na proposta do BNG para a comarca noiesa. A de maior dotación orzamentaria é a rexeneración do esteiro da ría de Muros Noia cun presuposto dun millón de euros. os nacionalistas demandan a elaboración de estudos que permitan a retirada dos lodos que colmatan a ría co obxectivo último de recuperar zonas marisqueiras actualmente improdutivas. Precisamente, outra das emendas ten que ver cos mariscadores coa proposta de dotación de vestiarios no porto de Testal, por valor de 195.000 euros. As instalacións contarían con baños e duchas para os traballadores así como unha caseta móbil para o persoal que realiza tarefas de vixilancia.

A terceira das emendas vai tamén dirixida á rexenración doutro espazo natural, desta volta o máis de millóns de hectáreas da Xunqueira do Barrio Noiés de San Lázaro. Propoñen destinar 130000 euros á realización dun estudo pormenorizado para a posterior restitución paisaxística da zona que se atopa en situación de abandono.

Por último, no paquete de emendas hai espazo tamén para o patrimonio co proxecto de rehabilitación do Cine París para o que demandan unha partida de 250.000 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí