Arousa Norte presumirá de destina nas feiras internacionais de Xapón e Francia

    BOIRO> A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte participará na Jata Tourism Expo de Xapón e na Gran Pavois de La Rochele en Francia. Aproveitarase a participación nestas dúas feiras internacionais para presentar os novos folletos editados pola entidade de cara a promoción turística da zona. Arousa Norte confirmou a súa presenza en dúas feiras de carácter internacional que se celebrarán a finais deste mes de setembro co fin de promocionar turísticamente a comarca. A primeira delas será a Jata Tourism Expo de Xapón e a outra a Grand Pavois, en La Rochelle. Dúas citas internacionais de gran importancia que dende a Mancomunidade agardan teñan un impacto positivo na oferta da entidade. Arousa Norte aproveitará tamén esas citas para dar a coñecer os novos folletos que vén de editar a entidade ‘Arousa Norte, Paraíso encontrado’ realizados en seis idiomas: castelán, inglés, francés, xaponés, alemán e portugués, e que están dirixidos ós profesionais do sector turístico no ámbito nacional e internacional.