PONTEVEDRA> Unha delegación de representantes municipais de varios concellos da rexión de Lazio, en Italia, atopase na cidade de Pontevedra co fin de coñecer in situ a experiencia dos camiños escolares e o modelo urbano de Pontevedra recoñecido internacionalmente.
Sesión técnicas, unha visita ao camiño escolar de Monte Porreiro como exemplo de interacción educativa e social e de aposta pola autonomía dos nenos e nenas… estas son só algunhas das actividades programadas para o grupo de representantes municipais de concellos italianos, pertencentes a rexión de Lazio, co fin de coñecer a o modelo de cidade de Pontevedra.
O psicopedagogo Francesco Tonucci encabeza esta delegación, para demostrar que outro modelo de cidade é posible.
Mañá esta delegación visitará os camiños escolares de Monte Porreiro, para posteriormente ter unha charla explicativa sobre os mesmos, e tamén visitaran o colexio e a praza de Barcelos.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/21/visita_italianos_pontevedra_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/21/visita_italianos_pontevedra.mp4{/flowplayer}