Os traballadores da recollida de lixo irán á folga en Nadal

PONTEVEDRA> Os traballadores da recollida de lixo de Pontevedra irán á folga. O comité de empresa ven de convocar un parón indefinido, que comezará o día de Nadal. O persoal tomou esta decisión trala ruptura de negociacións coa empresa responsable, Cespa, tras non chegar a un acordo sobre a antigüidade.

 

O vindeiro 25 de decembro os traballadores da empresa Cespa, encargada da recollida de lixo en Pontevedra, están chamados a unha folga indefinida.

O recoñecemento da antigüidade foi o escollo que se atoparon na negociación do convenio colectivo, que se aplicaría ata o 2018. Segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, un traballador que encadea contratos temporais ten dereito a que se lle recoñeza dende o primeiro momento. Pola súa banda, a empresa só quere aplicar a antigüidade a partires da sinatura dun contrato indefinido.

Os traballadores non desbotan chegar a un acordo antes de que a folga se faga efectiva. Ademais, cren que o fracaso da negociación forma parte dunha estratexia da compañía para facer forza no concello. E é que en 2017 o goberno local terá que adxudicar una nova concesión.

Dende o comité apuntan que esta media sobre a antigüidade afectaría a un terzo da plantilla, que forman 125 traballadores, e que poderían perder ata un 15% do salario. No resto de puntos da negociación, aseguran que o acordo está practicamente pechado, incluso no referente ao incremento salarial.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/09/folga_lixo_cespa_ponte_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/09/folga_lixo_cespa_ponte.mp4{/flowplayer}