PONTEVEDRA> A ministra de Sanidade visitou Pontevedra para participar nunha xornada sobre a situación da sanidade pública galega. No evento, Gonzalo Caballero criticou o deterioro do sistema sanitario da nosa comunidade.
O PSOE organizou en Pontevedra unha xornada para debater sobre a sanidade pública con distintas plataformas civís do sector sanitario galego. O obxectivo era abordar a situación actual do sistema de saúde en Galicia.
Gonzalo Caballero criticou o retroceso da sanidade na nosa comunidade e acusou á Xunta de estar a privatizar o sistema sanitario.
Engadiu que as enquisas apuntan a Galicia coma a peor comunidade española en canto a temas sanitarios.
E explicou que se debe á eliminación de recursos públicos.
Na xornada participou a ministra de sanidade, María Luisa Carcedo, que respondeu sobre o desabastecemento das farmacias no tocante a certos medicamentos de uso común.
O acto desenvolveuse no Café Moderno, pechando a visita da ministra a Galicia.