Dende Zona Monumental piden consenso co sector na nova ordenanza das terrazas

Pontevedra> Dende a Asociación Zona Monumental de Pontevedra piden consenso á hora de comezar a traballar na nova ordenanza das terrazas. Un asunto que irá maña a pleno e no que comezarán a traballar nos vindeiros meses. Miguel Lago deixa claro que as negociacións co sector deben ser claves nesta nova normativa. 

 

Promoción económica será a concellería que vai a levar a cabo a nova normativa das terrazas e veladores en Pontevedra. De momento dende o concello non comezaron as negociacións. Dende a Asociación Zona Monumental piden consenso á hora de comezar a traballar nesta nova ordenanza. 

En relación ao cambio de hora  no horario das terrazas dende esta Asociación están dacordo con esta medida. 

De todos modos, dende esta entidade, din que ata o momento, sendo permisivos preferían seguir coa normativa actual. O problema é que nos últimos meses a policía local realiza un control máis  exhaustivo e con sancións. 

Mañá comezará o debate sobre este novo regulamento no pleno da corporación cunha moción que presentan dende o Partido Popular. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/26/terrazas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/26/terrazas.mp4{/flowplayer}