Sanxenxo parcela a praia de Silgar para reducir á súa ocupación máxima ás 1565 peroas

SAXNENXO> O concello de Sanxenxo está a parecelar a praia de Silgar para garantir o distanciamento social. O areal estará composto por 780 cuadrículas que darán cabida 1560 persoas, a metade da capacidade total de Silgar. Uns vixiantes guiarán aos visitantes ás parcelas que estean libres.

A pesar da nova normalidade, as praias manteñen unhas limitacións para seguir cumprindo coas medidas de seguridade. Para garantir o protocolo, o concello de Sanxenxo está a parcelar a praia de Silgar. Unha medida que dividirá ao areal en 780 cuadrículas cunha capacidade para 1560 persoas.

Os que visiten a praia deberán entrar polos accesos onde un vixiante lles guiará ás parcelas que estean libres.

Esta non é a única medida do concello para garantir a seguridade. O goberno local non abrirá ao público os quioscos, as papeleiras nin as duchas. Si estarán abertos os baños cunha desinfección constante.

O parcelamento da praia levarase a cabo só en Silgar. No resto de areais o concello controlará a súa ocupación mediante drones e no caso de superar a capacidade avisará as autoridades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí