Desconfianza no sector do mar polo Real Decreto de Ordenación do Espazo Marítimo

    VILAGARCÍA> O sector do mar, en pé de guerra contra a Xunta de Galicia. Esta mañá, organizacións e confrarías da ría de Arousa criticaron a falta de transparencia da Consellería do Mar ante a tramitación do Real Decreto de Ordenación do Espazo Marítimo, e esixiron coñecer o contido das alegación presentadas polo departamento. Tamén demandaron  unha maior protección das súas actividades.

     

    O sector do mar mira con desconfianza o borrador do Real Decreto de Ordenación do Espazo Marítimo e as xestións que está a realizar a Xunta de Galicia. Acusan á Consellería do Mar de falta de transparencia ao non facer públicas as alegacións que asegura que presentou, e piden presenza do sector na elaboración do plan.

    No borrador, confrarías e demais organizacións ven un impulso a un modelo que prioriza actividades como a piscicultura e a minería, desprotexendo as do sector do mar.

    Para o sector, detrás deste borrador pode haber a intención de reactivar a lei de acuicultura. Algo ao que cren que axudará o plan de modernización de bateas presentado onte pola Conselleira do Mar.

    Denuncian que medidas como a presentada onte non son prioritarias para o sector, que si precisa dunha protección por lei das súas actividades produtivas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/23/pdra_sobre_real_decreto_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/23/pdra_sobre_real_decreto.mp4{/flowplayer}