Combarro convértese, nestes días, na capital da cultura mariñeira

Pontevedra> Combarro convertese ata o domingo na capital da cultura mariñeira. Dende a pasada noite acolle o XIII Encontro de embarcacións tradicionais. Unha cita que ten como obxectivo promocionar o patrimonio cultural do mar e que xuntará, neste punto de Poio, a preto de 150 embarcacións de distintos puntos de Europa. As embarcacións que participan neste XIII Encontro chegan navegando dende Fracia, Escoia, Irlanda, Reino Unido, Croacia, Portugal, País Vasco, Cataluña e outas zonas do Mediterráneo. Na inauguración deste espazo, que tivo lugar na pasada noite na praza da Chousa, estivo presente a conselleira do Mar, quen agradeceu o esforzo realizado dende a organización para levar a cabo este evento. Moitas actividades se realizarán en Combarro ao longo dos vindeiros días. Para a Presidenta da Deputación, non podía haber un lugar mellor para acoller unha cita destas características. Para o alcalde de Poio é unha honra poder acoller este evento, un encontro que loita por traballar polas raices do seu pobo, unhas raíces mariñeiras que estarán moi presentes ata este domingo 2 de xullo Se queren gozar da cultura mariñeira xa o saben que teñen unha cita ata este domingo 2 de xullo en Combarro nesta XIII edición do Encontro de embarcacións tradicionais.