A Deputación de Pontevedra cede a xestión das obras do auditorio de O Esteiro a Vilanova

    VILANOVA> Vilanova contará cunha sala de cine no auditorio de O Esteiro, ca que Gonzalo Durán pretende facer un pequeno tributo ao Cine Castelao, que pechou no ano 78 na vila. Un novo uso para o auditorio, pero non o único, xa que a intención do goberno do municipio é darlle un perfil cultural e de ocio as novas instalación, que segundo afirmou Durán estarán listas a mediados do ano que ven. 

     

    Unha sala de audiovisuais, que non competirá coas comerciais, pero que permitirá aos vilanoveses e vilanovesas poder acudir a ver proxeccións audiovisuais periódicas de maneira gratuíta. 

    Un servizo que poderá ser unha realidade despois de que a Deputación de Pontevedra aprobase o novo convenio das obras de reconversión da Casa de Cultura de O Esteiro en auditorio, que cede a o concello de Vilanova a contratación e xestión das obras. 

    Unhas novas instalacións, que estarían dedicadas exclusivamente ao ocio e a cultura, e cas que ademais, Gonzalo Durán pretende recuperar a tradición polo cine, e facer un pequeno tributo, ao Cine Castelao de Vilanova, que pechou as súas portas no ano 78, segundo afirmou o propio rexedor. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/23/proxecto_esteiro_vilanova_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/23/proxecto_esteiro_vilanova.mp4{/flowplayer}