Golpe ó ‘menudeo’ de drogas en Boiro

BOIRO> A Garda Civil de Boiro detivo a un veciño da localidade coma presunto autor dun delito contra a saúde pública.

A investigación iniciouse tras ter coñecemento da posible existencia dun punto de venda de substancias estupefacientes ó por menor nunha vivenda ó que acudían a diario toxicómanos, xerando unha gran alarma social entre os veciños.

Ó parecer o seu inquilino, un vello coñecido das forzas da orde por este tipo de delitos, dedicábase tamén á distribución da droga polos locais de ocio nocturno da localidade.

Durante a detención, os axentes do Instituto Armado lograron retirarlle unhas 82 doses de cocaína preparadas para a súa venda.

No posterior rexistro no seu domicilio atopáronse outras 139 doses desta substancia, así como tamén uns 590 euros en moeda fraccionada, una báscula de precisión e unha gran cantidade de envoltorios plásticos empregados habitualmente para a dosificación deste tipo de droga.

O prendido, xunto coas dilixencias realizadas e os efectos incautados, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Ribeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí