Inaugurada en Ribeira a exposición do XVII Premio Internacional de Arte Gráfico ‘Jesús Núñez’

RIBEIRA> Ademais da edil de Cultura, Antía Alberte, ó acto inaugural da exposición dos traballos presentados á dezasete edición do premio internacional de arte gráfico ‘Jesús Núñez’ que organiza a Deputación da Coruña, asistiron o alcalde, Luís Pérez Barral, e o edil Juan Luís Furones.

Dende o Concello destacaron a importancia desta mostra, que nace co obxectivo da promoción da creación artística, ademais de recoñecemento á traxectoria do artista Jesús Núñez, que dá nome ó certame.

A exposición que pode visitarse no Lustres Rivas, é unha pequena selección dos máis de 140 traballos presentados a este concurso, de artistas chegados dende diferentes nacionalidades, con técnicas tamén do máis variado, que van dende o gravado á serigrafía pasando pola litografía, entre outras.

A mostra con carácter itinerante, poderá visitarse ata finais do mes de xaneiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí