Aposta polo emprendemento galego

PONTEVEDRA> Esta mañá na Praza de España de Pontevedra tivo lugar a inauguración oficial da Pont-UP Store. Un espazo de emprendemento no que nesta terceira edición participan 46 empresas de toda a comunidade co fin, tal e como dixo o seu director, de amosar a Galicia máis viva, creativa e innovadora.

 

Dende onte pola tarde e ata mañá pola noite poderán desfritar da terceira edición do Espazo de emprendemento POMT-UP STORE. Unha cita na que participan 46 empresas galegas, das 140 que presentaron a súa candidatura,  e que se consolida como un lugar de encontro para os emprendedores galegos.

Dende a Deputación a súa presidenta agradeceu que esta cita se celebre nas rúas pontevedresas, unha iniciativa que permite visibilizar o pontencial da nosa comunidade.

O alcalde pola súa banda quixo destacar a consolidación desta terceira edición deste evento no que se amosa o espíritu emprendedor das galegas e dos galegos.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/23/inauguracion_pont_up_store_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/23/inauguracion_pont_up_store.mp4{/flowplayer}