Os “12 meses, 12 punchis” da Compañía do Ruido

    RIBEIRA> “12 meses, 12 punchis” é o proxecto musical que está a desenvolver neste 2017 o grupo ribeirense “A Compañía do Ruido”. A formación levou a súa música ós alumnos do IES Número 1 de Ribeira dentro da programación da Semana Cultural do centro educativo. Achegar a música de distintos artistas da comarca ó alumnado do IES Número 1, é parte da programación da Semana Cultural que está a celebrar este instituto ribeirense. E o grupo local A Compañía do Ruido non podía faltar. Aproveitamos para falar con Suso Bello, líder da banda, sobre o seu último e orixinal proxecto. “12 meses, doce punchis”. Os temas, os que a eles lles da a gana, pero todos , de momento, cunha mensaxe clara e contundente, que ben podería servir de lección para este alumnado. Agora, para a semana, entran a grabar o tema de marzo, que ten como inspiración unha das nosas figuras literarias máis carismática. E así os temas van xurdindo mes a mes, un traballo máis arduo que o dunha grabación dun disco normal, xa que cada vez comeza o proceso desde o comezo. Un xeito diferente de presentar a súa música, pero coa esencia da compañía como selo de identidade. Neste instituto ribeirense ya puidemos gozar dun adianto desde directo, pero moi pronto poderemos ver á Compañía do Ruido presentando sobre os escenarios Doce Meses, Doce Punchis, será a partir do mes de abril.


    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/16/compania_ruido_doce_meses_doce_punchis_160320171.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/16/compania_ruido_doce_meses_doce_punchis_16032017.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí