PONTEVEDRA> 46 estudantes de formación profesional da provincia de Pontevedra marcharán este sábado a ampliar a súa actividade formativa ao estranxeiro. Trátase do programa Practicum Depo, unha iniciativa financiada pola deputación onde os mozos poderán ampliar os seus coñecementos en países como Italia, Reino Unido e Irlanda.
46 mozos e mozas da provincia de Pontevedra xa ultiman todos os detalles para a viaxe que emprenden este sábado 1 de outubro grazas ao Practicum Depo, un programa financiado pola Deputación de Pontevedra que lle permitirá a estes mozos realizar as suas prácticas formativas en países europeos.
Esta mañá tiveron unha xornada formativa onde recibiron a preparación sobre os distintos aspectos desta iniciativa, como dereitos e deberes, trámites, coberturas e temas sanitarios, Unha experiencia única que os mozos vivirán e aproveitarán ao máximo.
46 mozos que proveñen de doce especializades distintas de formación profesional e que desfrurarán deste Práctucim Depo onde a deputación lle da unha axuda para gastos de viaxe e outra de apoio individual para gastos, aloxamento, manutención e transporte local.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/27/practicum_depo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/27/practicum_depo.mp4{/flowplayer}