Potenciar a marca Rías Baixas

PONTEVEDRA> A deputación de Pontevedra congregou esta mañá ás portas do Pazo Provincial a alcaldes, empresas e entidades vencelladas co turismo das Rías Baixas. O obxectivo botar a andar o plan director de turismo, que terá como principal novidade que calquera medida que se tome relacionada con este asunto será sempre consensuada co sector.

 

Esta mañá as portas da Deputación de Pontevedra tamén tiveron o seu protagonismo xa que alí se celebrou a presentación do Plan Director de Turismo neste 27 de setembro data na que se conmemora o día Mundial do Turismo.

Dende a vicepresidencia da Deputación teñen claro que o turismo das rías baixas ten moito futuro e que ante este plan hai que ter en conta dous aspectos fundamentais.

Pola sua banda a presidenta da deputación quixo salientar que o obxetivo desta inicitiva é a de involucrar para calquera tema vencellado co turismo a todos os entes que estén relacionados con este sector, que a partir de xa se porán a traballar xuntos para chegar coa marca rías baixas a todo o mundo.

Un plan sobre o que todavía non temos máis datos xa que o importante esta mañá era deixarlle claro ao sector do turismo que dende a deputación se consensuará con eles todas as medidas que se leven a cabo neste eido. E un acto, o desta mañá no que tampouco faltou a música en directo…

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/27/plan_turismo_depo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/27/plan_turismo_depo.mp4{/flowplayer}