PONTEVEDRA> O BNG de Pontevedra xa está en campaña. E empezouna por todo o alto. O venres, os nacionalistas foron quen de convocar a máis de 2.000 persoas a unha cea-mitin, con simpatizantes e militantes, pero tamén moitos representantes da sociedade pontevedresa. O acto contou tamén coa presenza do voceiro nacional do BNG, Xabier Vence.
A pouco máis dun mes das eleccións do 24 de maio, o BNG arrancou a campaña en Pontevedra por todo o alto. Fernández Lores e o seu equipo reuniron a máis de 2.000 persoas nunha importante mostra de forza do partido.
Lores repasou os 16 anos de mandato. O alcalde gabou os avances no rural, na loita pola igualdade, na participación cidadá, e referiuse a Pontevedra como un dos concellos coas contas máis saneadas. Un camiño que pretende continuar.
Para iso, o BNG tería que revalidar a alcaldía. Un obxectivo para o que Lores pediu o esforzo dos simpatizantes.
O encargado de pechar o acto foi o voceiro nacional do BNG. Para Xabier Vence, Pontevedra é un exemplo do proxecto do partido.
A cea marcou o inicio de campaña do BNG, que tamén estreou a sintonía que acompañará a Lores nos seus actos. O rap: “Quero Pontevedra”.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/20/cea_bng.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/20/cea_bng.mp4{/flowplayer}