A oposición pedirá explicacións na comisión de réxime interior a Luís Rei

Pontevedra> As declaracións de Luís Rei do pasado pleno continúan dando de qué falar. Rei dixo neste pleno ordinario, de cara ao final cando apenas quedaban medios, que a Policía Local encubriu a membros da corporación que deron positivo por alcoholemia. A oposición considera que Rei debe de dar explicacións sobre este asunto, xa que de ser real estaría encubrindo un delito.

As declaracións que desencadearon preocupación na oposición son as seguintes, son do pleno do venres 13 e de cara ao final, cando soamente quedaba un compañeiro dun medio de comunicación, Rei amosábase incomodado cunha filtración, segundo o voceiro da Marea, que houbo sobre un atestado de Xoán Hermida…

Rei aseguraba que a Policía Local encubriu no seu momento a membros da corporación que deran positivo en alcoholemia. Un feito que que o BNG considera unha falta de respecto total á Policía Municipal.

O PP ten claro que se trata de acusacións moi graves que Rei debe de explicar, algo que pedirán, se el non o fai antes, na comisión de réxime interior.

Dende o PSOE consideran que non están dispostos a que se dude da honorabilidade de ningún membro da corporación, e que se Rei ten algún tipo de información que a diga e senon que pida desculpas.

Luís Rei dixo que hoxe non quería falar sobre este asunto, coa expectación levantada e os membros da oposición en alerta Rei terá que falar sobre estas declaración ao longo dos vindeiros días, ou ben dar as explicacións pertinentes ou senon pedir desculpas polas súas verbas.