Pontevedra>E dende as filas socialistas continúan tirando a pelota de tellado en tellado. O secretario xeral do PSOE en Pontevedra pediu esta mañá explicacións á xestora do seu partido tralos malos resultados obtidos no 25 de setembro. Santos Hector non cree que o lado máis crítico co candidato teña nada que ver cos resultados electorais e sen pedir a retirada a Leiceaga quixo lembrar esta mañá que Touriño presentou a súa dimisión conseguindo manter os mesmo deputados.
Os marexadas continúan nas filas socialistas despois do 25 de setembro. Esta mañá o secretario xeral do PSOE en Pontevedra volveu a pedir explicacións á consultora tras obter os peores resultados da historia.
Santos Hector non cree que eles, a rama máis crítica co candidado do seu partido, con Xaquín Fernández Leiceaga teñan nada que ver co resultado electoral.
E preguntado sobre se esta rama máis crítica con Leiceaga cree que debe dimitir ou non Santos Hector non se posicionou clarmamente pero quixo lembrar a decisión que no seu momento tomou Emilio Pérez Touriño.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/27/liortas_psoe_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/27/liortas_psoe.mp4{/flowplayer}