Garlou estréase na venda de vehículos de ocasión

     BOIRO> No concesionario poderán adquirirse coches dunha gama media-alta a uns prezos formidables e coa máxima confianza e garantía.

    {flowplayer}barbanza/inauguraciongarlouocasion.flv{/flowplayer}

    Un bo número de persoas asistiron na noite do pasado venres á inauguración do novo concesionario de vehículos de ocasión da firma Garlou, que está ubicada a carón da estación de servizo do mesmo nome, na rúa Cimadevila de Boiro. Á xa ampla oferta de servizos vinculados ó mundo do motor, como é o caso da venda de combustible, limpeza e lavado automático de vehículos, mecánica rápida e mantemento, neumáticos e mesmo unha cafetería e tenda, súmaselle agora este complemento.

    Gran experiencia

    A firma Garlou leva máis de 45 anos asentada en Boiro, tempo máis que dabondo para probar a súa máxima garantía e confianza, que agora pretenden tamén continuar neste novo nicho de mercado como son os vehículos de ocasión. Así que xa o saben, todo o que necesita ó alcance da súa man, as 24 horas do día, os 365 días do ano.

    Redacción Barbanza