A Mostra de Curtas Vila de Noia homenaxeará ó actor Pedro Brandariz

NOIA> A concellería de Cultura de Noia, organizadora da Mostra de Curtas Vila de Noia, homenaxeará na vindeira edición do festival que se celebrará no mes de outubro ó actor e humorista Pedro Brandariz, recentemente falecido.

O cómico, moi ligado ó certame dende os seus comezos, dará nome a un dos premios da mostra. Neste caso ó da categoría de mellor curta galega amateur.

O edil de Cultura, Pepe Pérez, sinalou que se trata dun recoñecemento máis que merecido pola súa vinculación e apego ó fetsival, no que era xa un máis da organización.

Pero non será o único. Estase a traballar tamén noutros actos de homenaxe ó actor durante a presente edición do certame e concederáselle un premio honorífico a título póstumo, unha distinción que se reserva só a aquelas persoas especialmente vinculadas co festival.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí