O porto de Muros liderou o número de embarcacións en tránsito durante o verán

    MUROS> Verán histórico na chegada de embarcacións de recreo doutros países aos portos galegos. A Ría de Muros e Noia albergou 938 embarcacións en tránsito, 559 chegaron ao porto de Muros, o primeiro de Galicia nos meses de xullo e agosto. O presidente de Portos de Galicia, Juan José Durán, fixo un balance relacionada coa náutica de recreo ao longo dos meses de verán deste 2016. O resultado é avance significativo, do 3 por cento a nivel autonómico, respecto do mesmo periodo do ano pasado. De tódolos portos que leva a Xunta de Galicia, o de Muros, resultou o número no que se refire ao tránsito destas embarcacións. O presidente aproveitou para facer balance do programa “Passport Escal”, un programa que se puxo en marcha hai dous anos. Este programa establece acordos de colaboración entre os portos calegos e os dos países que forman parte do programa, o que facilita os trámites propios do intercambio comercial entre portos.