O patrón maior de Rianxo nega o acoso contra varios traballadores que denuncia a CIG

    RIANXO> O patrón maior de Rianxo, Miguel Ángel Iglesias, negou a existencia dunha persecución contra varios traballadores do pósito. Responde así á denuncia formulada pola CIG na que se lle acusa de estar acosando a cinco empregados da confraría, neste caso a dous lonxeiros e tres vixilantes. Dende a CIG aluden a que a situación vénse producindo dende que a confraría rianxeira iniciou o Expediente de Regulación de Emprego. En concreto a denuncia parte só de cinco traballadores do pósito, dous lonxeiros e tres vixilantes, ós que se lles están a abrir expedientes por supostas neglixencias no desempeño das súas funcións. A finalidade segundo sinalan dende o propio sindicato é buscar o despedimento disciplinario destes operarios, para evitar así as posibles indemnizacións. Algo que o patrón maior rianxeiro nega rotundamente, afirmando a que as faltas responden única e exclusivamente a que os traballadores están a incumprir co seu traballo.