Lores confirma que Bará deixará o concello

PONTEVEDRA> Dous días despois das eleccións autonómicas, o alcalde de Pontevedra fixo unha valoración dos resultados obtidos polo BNG. Para Miguel Anxo Fernández Lores a súa formación conseguiu uns resultados razoables. Tamén se pronunciou sobre o futuro do edil Luís Bará, e confirmou que abandonará o goberno municipal para ocupar o seu posto de deputado.

 

O alcalde de Pontevedra confirmou esta mañá que o aínda concelleiro Luís Bará abandonará o goberno local. Farao para dedicarse ao 100% ao seu posto como deputado pola provincia de Pontevedra.

Miguel Anxo Fernández Lores apuntou que non hai présa para facer este relevo, e amosouse convencido de que o BNG conta con persoas capacitadas para substituílo no seu cargo.

Sobre os resultados para o BNG nas eleccións autonómicas, Fernández Lores recordou que o punto de partida da formación era moi negativo. Cualificounos como razoables, e recoñeceu a ampla vitoria do Partido Popular.

O rexedor insistiu no seu apoio á candidata nacionalista Ana Pontón e celebrou que o BNG teña xa unha liña definida tras pasar, asegurou, unha travesía no deserto.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/28/lores_futuro_corporacion_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/28/lores_futuro_corporacion.mp4{/flowplayer}