10 millóns para +modelo urbano de Pontevedra

Pontevedra> O concello de Pontevedra ven de recibir 10 millóns de euros para financiar os proxectos recollidos no programa máis modelo urbano Pontevedra 2016-2022. Un financiamento que chega dos fondos europeos Feder, concretamente do DUSI, da convocatoria de estratexia do desenvolvemento urbano Sostible Integrado. 

 

O concelleiro Luis Bará anunciou hoxe en rolda de prensa que Pontevedra recibirá da convocatoria DUSI 10 millóns de euros para executar os traballos desenvolvidos no seu programa Máis modelo urbano Pontevedra 2016-2022. 

O orzamento para este programa no seu inicio era de máis de 18 millóns de euros incluíndo nesta cantidade o 20 por cento, é dicir, os 4 millóns de euros que aportada o concello. Agora con esta inversión din dende o concello que deberán reconfiguarar os proxectos e os calendarios de execución. 

Uns proxectos que deberán ser desenvolvidos ente o 2016 e o 2022, esta mañá o concelliro Luis Bará xa anunciou que o concello pririzaba as actuacións entre o 2017 e o 2019. Un programa do que dixo xira en torno a idea de avanzar na contrucción dunha cidade intelixente, accesible e integradora. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/03/bara_axudas_concello_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/03/bara_axudas_concello.mp4{/flowplayer}