Pontevedra> O museo de Pontevedra supera xa os 100 mil visitantes neste 2016. Segundo o Deputado da área de Cultura tratase dun grande éxito no numero de visitas. Para Xosé Leal estes bos datos chegan grazas a apertura das Ruínas de San Domingos e a celebración do Ano Catelao que achegou a Pontevedra dúas importantes exposicións.
Máis de 100 visitas leva no que vai de ano o Museo de Pontevedra. Un número máis que satisfactorio para o deputado da área de Cultura. Segundo Xosé Leal a apertura das ruínas de San Domingos e a celebración do Ano Castelao con dúas importantes exposicións teñen moito que ver nestes bos resultados.
E este número de visitas aumentará notablemente ata finais de ano notablemente xa que aínda quedan citas importantes para o Museo de Pontevedra.
Tamén quixemo saír a rúa para ver o que o opina a cidadanía e o que máis lle gusta da arte da súa cidade.
O Museo de Pontevedra, un espazo cultural de referencia galega segundo Xosé Leal.
O deputado de Cultura ten como reto actuar no resto dos edificios do Museo e ir abríndoos progresivamente para acadar que o museo se consolide como un espazo de referencia a nivel internacional.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/30/museos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/30/museos.mp4{/flowplayer}