Un matrimonio de Cuntis agraciado con un soldo de 5.000 euros ao mes durante 20 anos

CUNTIS> Un matrimonio de Cuntis gañou un soldo de 5.000 euros o mes durante 20 anos e 300.000 euros ao contado co cupón da ONCE do sábado 1 de outubro. Elisa Miranda, a vendedora deste soño, ademais repartiu nove cupóns máis. Todos eles premiados con 20.000 euros cada un deles, repartindo entre uns e outros, un total de 1.680.000 euros, na coñecida localidade. 

 

Cuntis está de sorte, e Elisa Miranda en racha. Esta vendedora do cupón da Once recorre cada día as rúas da coñecida vila balnearia, repartindo esperanza nalgúns casos e soños feitos realidade noutras. Esta muller repartiu o pasado sábado máis dun millón e medio de euros no municipio. 

Todos os cupóns foron vendidos no centro da vila, aínda que cree que salvo o do Sueldazo, que recaeu nun matrimonio da vila, os outros nove son de usuarios do balneario. 

Rosa e Carlos aínda non asimilan o golpe de sorte que acaban de ter, e dende o negocio que rexentan en Cuntis, afirman que o premio dun soldo de 5.000 euros ao mes durante 20 anos e 300.000 euros ao contado, axudaralles a tapar algúns buratos, pero non cambiara a súa vida, xa que continuarán traballando na carnicería que rexentan. 

O sorteo da Once sorriu todo o fin de semana aos galegos e galegas, deixando premios considerables nalgúns concellos da comunidade. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/04/peza_cupon_cuntis_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/04/peza_cupon_cuntis.mp4{/flowplayer}