A Deputación financia unha investigación para a análise do compost na Canicouva

Pontevedra> Deputación de Pontevedra e universidade de Vigo asinarán un convenio co fin de levar a cabo unha investigación para analizar os usos e características dos distintos tipos de compost. Un estudo que terá unha duración de tres anos e que se levará a cabo na planta da Canicouva. 

 

Dende a escola de forestais de Pontevedra e o servizo de apoio a investigación de Vigo levarán a cabo a investigación que financiará a deputación provincial co fin de analizar os usos e características do compost.  Un estudo que se levará a cabo na planta da Canocouva, en Pontesampaio e que o vicepresidente da Deputación cataloga como feito moi imporante. 

Unha investigación que contará cun investimento de máis de 200 mil euros por parte da deputación de Pontevedra e que se realizará ao longo de 3 anos. Este estudo será realizado polas profesoras Emma Fernández e Purificación Marcet quenes contrataran a dous investigadores que serán doutores especializados neste tema. Os obxectivos principais deste traballo son os seguintes. 

Unha investigación que se todo segue segundo o previsto comezará a principios de novembro e se levará a cabo nunha das nove hectáresas da planta da Canicouva. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/05/compostaxe_mosquera_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/05/compostaxe_mosquera.mp4{/flowplayer}